Concello de Fornelos de Montes

Nesta web intentarémos ofrecerlle toda aquela información que poida resultarlle útil e de interese. Coa súa axuda tamén intentaremos que aqueles que están fora das nosas fronteiras, nos sintan máis cerca.

Gastronomía

Aquí tamén atoparedes algunhas das nosas costumes. A imaxe corresponde a unha das primeiras edicións da Festa da Chanfaina celebrada na parroquia de Fornelos, cun grande éxito de asistencia.

Festas tradicionais

Non podemos esquecernos de falar de diversión. Os seráns son outras celebracións nas que os nosos veciños e veciñas participan activamente.

As orixes/Historia

O xacemento castrexo, no que se atopa o precioso e misterioso “Monte da Cidade”, está situado no barrio de Oitavén, a beira da estrada PO-250, moi próximo o encoro de Eiras.

Natureza en estado puro

A paisaxe de Fornelos de Montes convirte ese lugar nun espazo axeitado para o lecer. Os seus ríos contan con fermosos saltos de auga cristalina entre paisaxes frondosos e virxinais.

sábado, 17 de marzo de 2012

Axudas para a formación en linguas estranxeiras 2.012

     Por consideralo de interese xeral, infórmase que o DOG nº 45 do 5 de marzo, publica a orde do 22 de febreiro pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    As bases das axudas (requisitos, financiamento e cuantías, solicitudes, prazos...) veñen reflexadas na citada orde e podedes acceder a ela clickando neste ENLACE 

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria emitiu unha nota informativa coa información desta orde e pódese consultar AQUÍ

    Aqueles veciños que poidan estar interesados nestas axudas, non demoren a formalización da súa solicitude, xa que o prazo expira o vindeiro 07 de abril.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Eleccións xerais 2011

     O pasado 20 de novembro tiveron lugar en toda España as eleccións ás Cortes xerais. Os resultados (no que ao noso concello se refire) foron sorprendentes, tendo en conta o acontecido en anteriores edicións. Escrutado o 100% dos votos, o resultado atallado no concello de Fornelos de Montes foi o seguinte:


                                  ANO 2.011                                    ANO 2.008

                         P.S.O.E.:   
507 votos                                707 votos
                         P.P.:          
517 votos                                373 votos
                         B.N.G.:     
118 votos                                121 votos
                         EU-V.:        
17 votos                                   6 votos
                         UPyD.:          8
votos                                   1 voto
                         EQUO:          4 votos                                   0 votos
                         PACMA:        2 votos                                   0 votos
                         P.C.P.E.:       1 voto                                    0 votos
     Dun total de 1.711 veciños censados no concello de Fornelos de Montes, 1204 veciños exerceron o seu dereito o voto, 477 abstivéronse, 16 votos foron nulos e 14 en branco.

     A xornada celebrouse sin ningún tipo de incidente e, como non podía ser de outra maneira, nun ambiente festivo. Como anécdota curiosa, podemos citar a aparición dunha papeleta nunha das mesas do noso concello, que contiña unha loncha de chourizo envolta na papeleta que daba o voto ao PSOE. (Ver artigo).

    Pódense consultar estes resultados e os de outros concellos AQUÍ

viernes, 26 de agosto de 2011

Campaña de Becas curso 2011-2012

     Por consideralo de interese xeral para todos os veciños do Concello de Fornelos de Montes que teñan fillos en idade escolar, comunícase que está aberto o prazo para a presentación de BECAS para todos aqueles estudiantes que cursen estudios posteriores á ensinanza obrigatoria: Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Deportivas, Escolas Oficiais de Idiomas e Universidade, entre outros.

     O prazo de presentación expira o 30 de setembro para os estudios non universitarios e o 14 de outubro para os universitarios.

     Todos os solicitantes que cumpran cos requisitos establecidos polas convocatorias teñen asegurada unha beca.

     Pode ver as bases das axudas e mesmo formalizar a súa na seguinte ligazón: http://www.educacion.gob.es/portada.html.

     No FORO crearemos un apartado relacionado con este tema e en caso de precisar algún tipo de axuda, non terá máis que facérnolo saber.

miércoles, 27 de julio de 2011

Semana Cultural


     O día 31 de Xullo dará comezo a Semana Cultural previa ás festas patronais de San Lourenzo, na parroquia de Fornelos (Fornelos de Montes). Os eventos que terán lugar dentro desta semana son  a VII FESTA DA ESPUMA, Xornadas de CINE e TEATRO (no multiusos ou na rúa), Xornada de PORTAS ABERTAS NA PISCINA MUNICIPAL, FESTA DA BICICLETA e II ENCONTRO DE CORAIS. No folleto que vos presentamos, podedes ver con máis detalle o contido completo das actividades previstas para esa semana.

viernes, 22 de julio de 2011

Festas na honra de San Lourenzo e o Santo Cristo

     Xa temos os carteis coa programación das festas de Fornelos. Este ano, tal e como podedes ver nas imaxes, darán comenzo o día 6 de Agosto co XII Festival Folk que, como todolos anos, vaise celebrar na praia fluvial de Portovilán. As actuacións da xornada correrán a cargo da charanga "Os Amigos", e xa de noite teremos a oportunidade de disfrutar da "Banda de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes" e tamén dos Grupos Folk "The Crass" e "A Roda". Recórdovos que durante todo o día poderase degustar de bo polbo e churrasco, así que non hai excusa para non acudir a Portovilán dende ben cediño.

     A festa continuará o día 9-10 e 11 na praza do concello. O dia 9 haberá misa na honra de S. Lourenzo Vello que se celebrará en Fondodevila ás 20:00 horas. Pola noite actuarán as orquestras "Limón" e "Foliada". O día 10 celebrarase a misa na igrexa parroquial ás 12:30 horas co acompañamento do "Coro S. Lourenzo de Fornelos de Montes". Ás 21:30 horas poderemos disfrutar dun concerto a cargo da "Banda Agrupación Musical de Vincios" e xa pola noite, gran verbena a cargo das orquestras "Panorama" e "Isla". O día 10  celebrarase a Misa Solemne ás 12:30 na honra do Santo Cristo. A continuación da Misa terá lugar un concerto a cargo da "Banda de Música Cultural de Barro". Xa pola noite, teremos verbena coa actuación das orquestras "Marbella" e "Orquestra da Televisión Nordés".

     A novena dará comezo o día 1 de Agosto ás 20:00 horas.

     Noraboa á comisión de festexos e a tódolos fornelenses... ¡Boas Festas!