Festas en Fornelos

Fornelos de Montes
  
- Festa gastronómica "A Chanfaina"

  Celébrase a finais do mes de xullo e trátase da degustación dunha especie de chourizo, aínda que nesta festa tamén se sirve a mellor carne a brasa da comarca (carne do Suido)













- Festival Folk

  Xeralmente coincide coas festas patronais da capital do concello aínda que o lugar de celebración, neste caso, é a praia fluvial de Portovilán. Neste festival teñen actuado grupos de especial relevancia a nivel provincial, autonómico e incluso nacional. Non dubides en acercarte o ano que ven, paga a pena velo.






   Esquencía decir que a esta festa non fai falta que veñades ceados. No lugar atoparedes pulpeiro, churrasco e polo asado. Así pois, dispoñedes de todolos ingredentes para pasar unha noite redonda.

- Festas na honra a San Lourenzo e o Santo Cristo

   Son as festas grandes da parroquia. Celébranse no adro durante os días 09, 10 e 11 de Agosto na honra a San Lourenzo (o día 10) e o Santo Cristo (o día 11).













Vilán

- Festa da Sidra na honra ó Santo Cristo

  Celébrase no torreiro de Vilán o 3º Sábado do mes de Xuño na honra do Santo Cristo. Como comentario quero engadir que no é posible ir a esta festa e non pasalo ben. Velaí algunhas imaxes deste festexo...




- Festa na honra á Virxe dos Miragres

  Celébrase o 1º fin de semana de setembro.