Instalacións deportivas

     Pabillón polideportivo



    O concello de Fornelos de Montes dispón dun pabillón polideportivo adaptado para poder practicar calquera modalidade deportiva. Para facer uso desta instalación, abonda con solicitalo, previa identificación, na cafetería O Cruce.

     Piscina municipal






    


    A piscina municipal opera únicamente nos meses de verán e en horario de 15:30a 20:30 horas. A tempada comenza o día 1 de Xullo e remata o 10 de Setembro.
     As tarifas oficiais da tempada son:
                  
             - Entrada diaria individual: 1,50 Euros (para todalas idades)
             - Abono para toda a tempada: 25 Euros para os maiores de 15 anos
                                                         15 Euros para os menores de 15 anos

     Ademáis, aqueles veciños e veciñas que desexen beneficiarse de un curso de natación, dispoñen de esa posibilidade aboando unha tasa de 50 Euros para toda a tempada.

     Ximnasio ó aire libre


        Na Rúa das Escolas (onde está o parque infantil, detrás do Multiusos), está instalado o Parque Biosaludable do Concello de Fornelos de Montes. Conta cun número limitado de aparatos, aínda que ó noso entender son suficientes para poder exercitarse. A continuación imos facer unha breve descripción de cada un deles.


ANDADOR

Fortalecemento da función cardíaca e pulmonar, desarrollando a forza das extremidades inferiores e cintura. Mellora a flexibilidade, coordinación e estabilidade. Dor das articulacións da cadeira.




GALOPE

Axuda á coordinación entre pés e mans. Incrementa a forza muscular da espalda. Reforzas as funcións cardíaca e psicomotriz





ELIPTICA

Reforza as funcións cardíaca e pulmonar. Aumenta a resistencia e coordinación entre as extremidades.





TIMON

Mellora a forza muscular, axilidade e flexibilidade do ombreiro. Axuda a evitar dislocacións do ombreiro.





VOLANTES

Mellora a forza muscular do ombro e das muñecas.






XIRO CINTURA TRIPLE

Beneficiosa para a espalda e cadeira. Mellora a actividade cardiovascular.




Campo de fútbol Areal

     Dende fai un anos, Fornelos de Montes non conta con equipo de fútbol en ningunha das categorías de fútbol provincial. Por este motivo, as instalacións deportivas municipais do Areal caeron no abandono e, na actualidade, está inservible para a práctica do fútbol.