Granxa Escola "O Kiriko"

   
     A granxa-escola O Kiriko foi un proxecto que naceu no ano 2.004 e as súas instalacións atópanse no barrio de Soutosico, na parroquia de Fornelos de Montes. Está ubicado nun espazo natural, o pe do encoro de Eiras, no río Oitavén.


     Este centro adícase a fomentar o contacto coa natureza, a convivencia e o respeto polos animais, a través de actividades orientadas por profesionais cualificados nun entorno único.

    O programa de actividades que presenta O Kiriko van dirixidos a grupos de todalas edades e aséntase sobre tres pilares. Dunha banda, durante o curso escolar, entre setembro e xuño, traballan con colexios e centros educativos, tanto de educación infantil como de primaria e mesmo de secundaria. Logo, teñen un programa de fins de semana abertos para que participen adultos, sexa en grupos familiares ou en grupos de amigos. Por último, durante os meses de verán, funcionan a xeito de campamento.

    Cos seus programas pretenden contribuir o coñecemento do medio rural e crear conciencia ambiental, sin descoidar o aspecto lúdico, creativo e de convivencia para acadar o enriquecemento persoal dos participantes.

     Pode coñecer con maior detalle as súas instalacións e actividades facendo clic AQUÍ para visitar a súa páxina web.