Parroquias

Estrutura parroquial

A superficie do concello de Fornelos de Montes estrutúrase en torno a sete parroquias que albergan un total de vintecatro entidades menores de poboación. Segundo a extensión que presentan, a parroquia máis grande é a de San Xosé de Laxe, na que recollen un total de catro núcleos de poboación. Séguena, segundo o tamaño, San Miguel de Ventín con dúas entidades de poboación, Santa Mariña de Traspielas con catro, San Lourenzo de Fornelos con seis, San Adrián de Calvos con tres, San Vicente de Oitaven con dúas e Santa María de Estacas con tres entidade de poboación.


 

     Segundo o número de habitantes, sobresaen as parroquias situadas ao Oeste do concello como as máis poboadas, namentres que as menos se sitúan cara o Leste. Así, Fornelos, Calvos e Traspielas son, por este orden, as parroquias máis poboadas, mentres que Laxe, Estacas e Ventín son as que posúen un menor número de habitantes.