Entidades de poboación

Entidades de poboación


Os núcleos situados máis cara o Oeste do concello son nos que residen un maior número de persoas. Así, despois do de A Igrexa, seguen os de Alén, na parroquia de Calvos, Fondo da Vila na de Fornelos de Montes, Ventín de Arriba na de Ventín, Coruxeira na de Calvos e Freaza na de Traspielas. Pola contra, a medida que imos penetrando cara o interior do concello, cara o Leste, os núcleos teñen cada vez menos poboación. Así, de entre o menos poboados están os de Couso, Casal e Entrerríos na parroquia de Laxe e Bustelos e Estacas na parroquia de Estacas. Chama a atención o lugar de Soutosico, na parroquia de Fornelos de Montes, como un dos núcleos menos poboados debido á proximidade do encoro de Eiras e que inflúe na habitabilidade deste lugar.

Das vinteseis entidades menores que se recollen dentro do termo municipal de Fornelos de Montes, no lugar de A Igrexa é onde reside a capitalidade municipal, sendo este núcleo o máis importante en canto a numero de habitantes e actividade económica e comercial se refire.

 

    
     Como xa se fixo constar noutro apartado, a evolución da poboación dende1900 ata os nosos días foi a seguinte

Ano:            Habitantes:    

1900                 2.795           
1930                 2.817           
1950                 2.691           
1981                 2.377           
2004                 2.092           
2011(Febreiro)      2.029           

     A distribución da poboación actual dos habitantes nas nosas parroquias queda do seguinte xeito:

     Parroquia de Fornelos de Montes (San Lourenzo)....... 662 habitantes
     Parroquia de Calvos (San Adrián)............................... 381 habitantes
     Parroquia de Traspielas (Santa María)........................ 288 habitantes
     Parroquia de Ventín (San Miguel)............................... 250 habitantes
     Parroquia de Estacas (Santa María)............................ 158 habitantes
     Parroquia de A Laxe (San José).................................  99 habitantes

     Na actualidade, a distribución da poboación por barrios/rúas, é a seguinte:

     Bustelos: 40 habitantes
     Couñago: 61 habitantes
     Estacas: 49 habitantes
     Campeliños: 8 habitantes
     Fondo da vila: 107 habitantes
     Ceo: 34 habitantes
     Portovilán: 43 habitantes
     Escolas (Das): 9 habitantes
     Fonte (Da): 16 habitantes
     Igrexa (Da): 57 habitantes
     Redondela (De): 19 habitantes
     Portela: 66 habitantes
     Rial Dabaixo: 75 habitantes
     Rial Derriba: 61 habitantes
     Soutosico: 39 habitantes
     Brenxa: 4 habitantes
     Fornelos: 50 habitantes
     Airoa: 48 habitantes
     Casal: 16 habitantes
     Couso: 5 habitantes
     Entrerrios: 30 habitantes
     Ventín a Berducido: 97 habitantes
     Cabada: 21 habitantes
     Boullosa: 2 habitantes
     Cabreira: 18 habitantes
     Cerdeira: 7 habitantes
     Ventín a Fornelos: 36 habitantes
     Ramallal: 42 habitantes
     Erbereda: 27 habitantes
     Alen Dabaixo: 84 habitantes
     Alen Darriba: 53 habitantes
     Pereiral (Do): 30 habitantes
     Cima de Vila: 106 habitantes
     Coruxeira: 108 habitantes
     Oitavén Dabaixo: 68 habitantes
     Oitavén Darriba: 30 habitantes
     San Vicente: 93 habitantes
     Freaza: 110 habitantes
     Eiteiro: 38 habitantes
     Fornelos (De): 24 habitantes
     Sobral: 18 habitantes
     San Amaro: 42 habitantes
     Traspielas: 53 habitantes
     Arrotea: 85 habitantes