CEIP Doutor Suarez

     O CEIP Doutor Suárez é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria situado na rúa das escolas en Fornelos de Montes.

     No CEIP Doutor Suárez impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos) e é o único centro educativo do concello. Ten uns 95 alumnos e alumnas (curso 2009-10) e consta de 9 unidades (3 de educación infantil e 6 de educación primaria). Conta con comedor, transporte escolar e xornada partida (mañá e tarde). Nel traballan 16 profesores e profesoras (quince con centro base e un itinerante).

     Para acceder a web oficial da escola, faga clic AQUI

     En canto a ANPA e as actividades que realizan, podedes acadar información facendo clic AQUÍ ou contactando coa asociación a través do correo anpadoutorsuarez@gmail.com