Actividades

Programa de actividades


O Concello de Fornelos de Montes (Pontevedra) a través da Oficina Municipal de Información xuvenil creada no ano 2002, ten previsto programar de xeito xeral e amplo, unha serie de actividades dirixidas ós xóvenes que forman o colectivo xuvenil do Municipio.
Proxecto de Animación Sociocultural no ámbito de Ocio e Tempo Libre: Actividades de dinamización da información que se celebrarán no salón de actos do Concello, Torreiros de festas, Instalacións do colexio público Dr. Suárez. Pavillón Polideportivo Municipal de Fornelos, praia fluvial de Fornelos e zonas de recreo.

Entre as actividades previstas a realizar dentro deste proxecto destacan as seguintes:
  • Clases de Gaita Tradicional Galega: Impartiranse clases de gaita a través da Escola de Gaita Galega do municipio de Fornelos, a todos aqueles xóvenes do municipio motivados por esta actividade, para o desenrolo de actuacións en festas dos pobos do municipio e actuacións fora do mesmo. As clases impartiranse os martes, xoves e sábados, nas instalacións coas que conta no MULTIUSOS. Esta actividade terá lugar o longo de todo o ano.
  • Cursos de Natación: Daranse cursos de natación a grupos de nenos/as na Piscina Municipal do Concello de Fornelos de Montes, nos meses do verán e a todos aqueles que non sepan nadar, ou queiran adquirir un maior perfeccionamento da natación, disfrutando desta actividade de lecer e potenciando desta maneira a comunicación entre eles e do entorno o aire libre. Esta actividade terá lugar nos meses de Xullo, Agosto e Setembro.
  • Clases de Música: Impartiranse clases de Música a grupos de mozos e mozas do municipio, a través da Escola Municipal de Musica, será unha actividade de aprendizaxe coa finalidade de tocar un instrumento musical. Esta actividade terá lugar durante todo o ano. Desenrolarase nas instalacións do MULTIUSOS.
  • Festa da bicicleta: Esta actividade consistirá na realización dun percorrido en bicicleta por un circuíto deseñado por varios lugares do termo Municipal, de entre 5 e 10 Km. para tratar de conseguir a participación do xóvenes. Esta actividade realizarase no mes de Agosto.
  • VIII Festival de Música Folk: Celebrado por primeira vez con motivo das festas de San Lorenzo no ano 2000, e seguindo as festas populares e tradición, este ano desenrolarase esta actividade na praia fluvial de Portovilán en Fornelos de Montes, consistindo na actuación de varios grupo de folk e da nosa Banda de Gaitas, no mes de Agosto cun gran éxito de público.
  • Cine na Rúa: Realizarase unha ou dúas retroproxecións de cine para xóvenes do municipio e arredores, no torreiro de Fornelos, co obxecto de acerca-la actividade ós domicilios dos xóvenes. Esta actividade terá lugar entre os meses de Xullo e Agosto.
  • Teatro: Consistirá na posta en escena dun Grupo de Teatro o cal representará as súas obras nas instalacións do Multiusos. Esta actividade será levada a cabo no mes de Agosto.
  • Festa da Chanfaina: Esta actividade que consistirá na degustación da denominada chanfaina, especie de salchicha, na que todos os mozos e mozas poderán disfrutar desta festa gastronómica, no so na degustación senon participando cociñando e establecendo relacións sociais. Esta actividade terá lugar no mes de Xullo ou Agosto.
  • Festa da Espuma: Actividade de lecer para todos os nenos e nenas, que consiste na emisión de espuma, para que así os rapaces se poidan divertir coa espuma e entre eles. Esta actividade terá lugar no mes de Agosto.