O Concello de Fornelos de Montes, a pesar de ser un dos máis extensos da comarca, é un dos menos coñecidos e por isa razón xurde esta páxina web. Presentámola coma unha fiestra para abrir ó mundo a nosa xente, as nosas costumes, as paisaxes...
Neste portal pretendemos acercar o visitante a Fornelos de Montes, con fotos e unha descrición da xeografía e a historia. Damos tamén a coñecer, a través duns explicativos textos e un sinfín de imaxes, todo o referente ó noso patrimonio cultural, histórico e arquitectónico/arqueolóxico.
Esta páxina, en definitiva, supón un gran reto para nós pola escasa poboación e hábitat rural e disperso e porque sabemos da importancia de ter informados os veciños e veciñas das actividades do Concello
Porque cremos que vale a pena coñecelo, esperamos que este portal que vos mostramos sirva para acercarvos a este fantástico recuncho.
¡Sede Benvidos!