As Pontes

     Aínda que ten menor relevancia que os Muíños, outro dos elementos patrimoniais de tipo civil que sin dúbida debemos ter en conta no noso concello son as pontes. Dentro de este apartado, ímonos ocupar con algo máis de detalle, pola súa relevancia, de dúas destas construccións: A Ponte de A Laxe e a Ponte Anceu, que divide a nosa poboación de Estacas coa de Verducido (A Lama). Ámbalas dúas pontes son de trazas medievais, aínda que a primeira das citadas carece de simboloxía que nos faga pensar que pertence a tempos tan lexanos.

Ponte de A Laxe


   
     A ponte medieval de A Laxe data do século XVIII. Cruza o río de Valdohome e unía as poboacións de Entrerríos e Airoa, as dúas da parroquia de A Laxe. Mide uns 35 metros de lonxitude e 3,4 metros de ancho, estando a unha altura do cauce do río de 10 metros. Só ten un ollo semicircular e o seu "lomo de mula" é de fácil apreciación.

Ponte Anceu











     A ponte sirve de unión entre as poboacións de Estacas (Fornelos de Montes) e Verducido (Pontecaldelas), sendo a propiedade patrimonial desta construcción compartida polos dous concellos.  

     Esta fermosa ponte, de traza medieval con tallamares apuntados e escalonados, foi construida no século XVII. Destaca pola súa curiosa asimetría xa que ningún dos cinco arcos que posúe, ten a mesma luz (o máis grande ten 11 metros e o máis pequeno ten 2,5 metros). Mide uns 65 metros de lonxitude por uns 11 metros de altura no seu punto máis alto e 2,5 metros na parte máis baixa. Conta con catro pilares entre arcos, de forma triangular contra corriente e cuadrangulares no lado contrario. O seu lomo de mula está desplazado a un dos lados, coincidindo co curso principal do río Parada, que o atravesa polo lado norte e donde se encontra o arco principal. Os arcos restantes actuarían como aliviadeiros do primeiro.. O piso desta ponte está totalmente enlosado e na súa lonxitude, posúe varios refuxios ou apartadoiros que permitían o cruce de persoas e carros. A altura do lomo de mula hay unha lousa que probablemente en tempos estivo coroada por unha cruz xa perdida. O campo epigráfico está valeiro, a excepción dunha cruz antropomórfica alí grabada. 

     Esta ponte foi lugar de paso para os arrieiros que, coas súas recuas de mulas, transportaban sal, tabaco e especialmente viño branco do Ribeiro, entre Ribadavia e Pontevedra. Por esta razón, este camino foi unha importante fonte de riqueza xa que ao seu carón xurdiron moitas tabernas e ademáis, moitos de estes arrieiros eran vecinos de Fornelos, A Lama e Pontecaldelas. Tivo varios nomes – Camiño Francés, Camiño Real, Verea e Carretera Real -, sendo a vía de comunicación máis importante da bisbarra.

     Como curiosidade diremos que no ano 1828, os vecinos de Estacas e Verducido contrataron a reforma para a culminación da ponte ao que lle faltaban tres arcos, a calzada e o peitoril. O amaño da ponte foi encargada a Mestres canteiros de Cotobade e A Lama (antes chamada Caldevergazo) polo prezo de 5.600 reais de vellón, dos que 3.000 foron pagados por veciños de Estacas e 2.600 por veciños de Verducido.

Outras pontes:

Pontella do Muíño: Situada entre as poboacións de Entrerríos e Airoa.
Ponte de Rocín: Atópase no antigo camiño entre Couso e Entrerríos. Como se pode observar na imaxe, está totalmente cuberta de musgo. Trátase dunha ponte de gran beleza e está situana nun marco maxestuoso onde a natureza móstrase no seu maior esplendor.