sábado, 12 de febrero de 2011

Concello de Fornelos de Montes

       Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra e pertence á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2009 a súa poboación era de 1.976 persoas e o seu xentilicio é Fornelense.


     Xeográficamente está situado no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por siete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).

     A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.

     Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.

     Climáticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo a comarca galega co maior rexistro de precipitacións acadada no ano (até 2.862 mm). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).




Patrimonio

     A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.

     O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.

        Ademáis das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.

      Outro tipo de patrimonio etnográfico no concello de Fornelos de Montes son  os chouzos (construción de pedra que daba cobizo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en forma de cercado e para gardar o gando), e foxos de lobos (recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo). Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.

    

0 comentarios:

Publicar un comentario