jueves, 24 de febrero de 2011

Recuperación de fontes

     O concello de Fornelos de Montes ven de beneficiarse dunha axuda con cargo ao Programa de desenvolvermento rural de Galicia cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural co fin de levar a cabo actividades que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou recuperación de especies históricamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000, así como a conservación e/ou restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional.

     No caso concreto do concello de Fornelos de Montes, a axuda recibida ascente a 9.948, 30 Euros (4.974,15 euros/ano correspondentes aos exercicios 2.010 é 2.011) e o proxecto ao que se destina é a Recuperación de fontes no ámbito do concello dentro da Rede Natura.

     Esta axuda foi publicada pola Consellería do Medio Rural na páxina 2.703 do D.O.G.A nº 32 do 16 de febreiro do ano en curso (Anuncio do 9 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 19 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000, e a súa convocatoria para os anos 2010 e 2011)

1 comentarios:

Moi interesante, todo o que sexa para restaurar ou recuperar zonas abandonadas que teñen un valor para o noso patrimonio, ainda que tamén estaría moi ben que se conserve o monte e a nosa paisaxe xa que con tantas pistas e desastres que se ven ultimamente por Fornelos non sei canto tempo lle quedará de vida ás nosas carballeiras.

Publicar un comentario