viernes, 4 de marzo de 2011

ANUNCIO CONCELLO

     No boletín oficial da provincia de Pontevedra número 41 do Martes día 1 de Marzo, o Concello de Fornelos de Montes publica o seguinte:

ANUNCIO:
    
     A xunta de goberno local do Concello de Fornelos de Montes, en sesión de data 10 de febreiro de 2011, aprobou o padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó exercicio 2011.

     O padrón queda exposto ó público na casa consistorial durante o prazo de trinta días, contado a partir da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia, anuncio que ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do previsto no artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

     Durante o dito prazo os interesados poderán examinalo e formular, contra os actos que se notifican, a teor do artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ante a xunta de goberno, o recurso de reposición. Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderán interpor, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ó da notificación de dita resolución.
     Se non recaese resolución no prazo de un mes dende a formulación do recurso de reposición, entenderase desestimado.

     Non obstante, si se considera conveniente, poderán utilizar ou exercitar calquera outro recurso que estimen oportuno.

     De conformidade co previsto no artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, comunícase ós contribuíntes afectados que o período de pago en voluntaria queda establecido do 1 de marzo de 2011 ó 30 de abril de 2011.

     O pago poderá realizarse na sucursal en Fornelos de Montes de Caixanova.

     Transcorrido o prazo establecido, o cobro realizarase por vía de constrinximento, co recargo do 20 por cento, xuros de demora e gastos de procedemento, sen mais aviso.

Fornelos de Montes, 14 de febreiro de 2011.—O Alcalde, Serafín A. Martínez Martínez.

0 comentarios:

Publicar un comentario