lunes, 14 de marzo de 2011

INTERNET RURAL

     O Concello de Fornelos de Montes ven de facer público un bando relacionado con INTERNET NAS ZONAS RURAIS.

     En dito bando municipal, o noso Alcalde anuncia que o Concello de Fornelos de Montes, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a través do PROXECTO WIMAX RURAL, permitirá a toda a poboación do municipio beneficiarse do servizo de banda larga rural, cunha tecnoloxía de comunicación se fíos que permita o acceso a internet a todo cidadán que o desexe a prezos moi competitivos.

     No bando podedes ver en canto vos sae a cuota mensual, dependendo do servizo que queirades contratar. Si finalmente desexades facer uso da promoción, debedes saber que a esa cantidade hai que engadirlle unos 59 euros (máis iva) en concepto de alta. Os trebellos necesarios para a instalación corren da conta do Concello e da Deputación, que para eso está subencionado. Acompaño unha copia do bando, no que ademáis se convoca a tódolos interesados a acudir aos Centros Sociales dos seus respectivos barrios ou parroquias para obter máis información (seguramente eu o faga).





Bando


0 comentarios:

Publicar un comentario