lunes, 18 de abril de 2011

Casa de turismo rural en Ventín

     Acaba de ser inaugurada unha nova casa de turismo rural no concello de Fornelos de Montes. Esta  instalación destinada ao lecer, está situada no número 37 da rúa Ventín a Berducido (teléfono 680 929 750).

     Podemos adiantarlles que esta casa de turismo rural, chamada CASA MAGINA, é unha casa rural chea de encanto. Conta con todas as características necesarias para que os seus moradores poidan descansar e disfrutar da tranquilidade e a paz que lles ofrece ese lugar e o inmellorable entorno no que está situada.

     Esta administración tivo ocasión de visitala e dende aquí queremos agradecer aos seus propietarios a amabilidade coa que nos atenderon. Dende logo non podemos deixar de facervos a nosa recomendación e decirvos que non vos arrepentiredes de ter feito esta elección.

     Podedes ver con algo máis de detalle algunhas imaxes da Casa MAGINA entrando na páxina do blog titulada Turismo ou ben no seu facebook. Acompañamos unha pequena mostra do que vos estamos a falar...











0 comentarios:

Publicar un comentario