martes, 3 de mayo de 2011

47 Rallye Rías Baixas 2011

      Xa está na rede toda a información relativa ao 47 Rallye Rías Baixas 2.011 no que o Concello de Fornelos de Montes volve a ter un protagonismo dominante. Esta edición do rallye, valedeiro para o campionato de España de asfalto e que se celebrará o próximo día 4 de Xuño, contará con cinco tramos cronometrados dos que dous deles, terán a saída ou a meta no noso concello.

     Os tramos dos que estamos a falar e que terán protagonismo no noso concello son o TC 5-6, con saída en Mondariz e meta en Traspielas (a saída do primeiro participante no TC 5 será ás 13:06 e no TC 6 será ás 16:02) e o TC 7-9, con saída en Estacas e meta en A Cañiza (o primeiro participante do TC 7 será ás 16:34 horas e no TC 9 será ás 19:27)

     Cabe destacar que este rallye, a diferencia dos anteriores, poderá contar por primeira vez con pilotos extranxeiros ao ser de Categoría Internacional

     Pode facer click nos seguintes enlaces para acceder a información da páxina oficial do rallye:

     Programa                    Itinerario                     Mapa



0 comentarios:

Publicar un comentario