jueves, 7 de julio de 2011

IX FESTA GASTRONÓMICA DA CHANFAINA E CARNE DO SUÍDO


     Un ano máis, o Concello de Fornelos de Montes vai celebrar a exitosa festa gastronómica da CHANFAINA e CARNE DO SUIDO. Como podedes comprobar no folleto que adxuntamos, a festa celebrarase o próximo día 17 de Xullo na explanada situada detrás do concello, o lado do Multiusos.
     Dende aquí facemos un chamamento para que vos acerquedes a disfrutar de esta fantástica festa na que teredes ocasión de degustar os productos tan exquisitos da nosa terra.
     O pregón correrá a cargo do dúo humorístico "As pandereteiras de Ardebullo" e, o longo da xornada festiva, haberá outras actuacións destacadas como o da CORAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES, o da BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES, o do grupo folk OS LERCHAS ou o do trío LA MEKANIKA.
     Esperemos que o día acompañe e que sexa unha xornada tan festiva como todos desexamos.

0 comentarios:

Publicar un comentario