martes, 19 de julio de 2011

Nova ruta de senderismo á veira do río Barragan

     O Faro de Vigo de hoxe (día 19-07-11), faise eco dunha nova que, sen dúbida, será moi ben recibida por todos aqueles que desexen disfrutar dunha das principales características do Concello de Fornelos de Montes: A Natureza.
     Vaise crear unha nova ruta de senderismo que percorrerá as parroquias de Calvos, Traspielas (Fornelos de Montes), Moscoso e Xunqueiras (Pazos de Borbén), nas proximidades do cauce do Río Barragán. Terá unha lonxitude de 17 kms. e, con este proxecto (que xa está en vías de execución), fomentarase o turismo rural da comarca e o patrimonio natural, cultural e etnográfico da fraga do río Barragán, posto que ademáis da ruta senderista que se levará a cabo, tamén se acometerán obras para a recuperación de distintos elementos patrimoniais, como a chamada "Casa da Raíña", o acueducto do Monte da Cidade (que data do século XVIII), oito muíños de auga, pasos e a antiga ponte de Pau.
     Trátase dun ambicioso proxecto que se levará a cabo con fondos dunha subención europea a través do programa Leader, en colaboración coas Comunidades de Montes das parroquias de Calvos, Traspielas, Moscoso e Xunqueiras.

     Artigo relacionado de Faro de Vigo (Ver aquí)

0 comentarios:

Publicar un comentario